<!-- Galician Translation of RedHat's help-screens.sgml -->
<!-- Jesús Bravo Álvarez <jba@pobox.com>, 2001 -->

<!DOCTYPE BOOK PUBLIC "-//Davenport//DTD DocBook V3.0//EN" [
<!ENTITY RH "Red Hat">
<!ENTITY RHL "Red Hat Linux">
<!ENTITY RHLRGS "Guía de Referencia de Red Hat Linux">
<!ENTITY RHLIG "Guía de Instalación de Red Hat Linux">
<!ENTITY RHLGSG "Guía de Iniciación de Red Hat Linux">
<!ENTITY RHI "Red Hat, Inc.">
<!ENTITY RHLVER "7.1"> <!-- this number to be changed for specific version as needed-->
]>
<book id="book">
<title>Pantallas de Axuda da Instalación</title>
  <chapter id="s1-help-screens-lang">
    <title></title>
    <sect1 id="lang">
      <title>Selección da Lingua</title>
      <!-- modified from drop 1 to make it a command, not a question -->
      <para>
	Escolla a lingua que desexa usar durante a instalación de &RHL;.
      </para>
     </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-langsupport">
      <title>Selección do Soporte de Linguas</title>
      <!-- new from drop 1 -->

      <para>
	Ten que seleccionar unha lingua predeterminada. Esta será a usada
	por omisión no sistema &RHL; cando xa estea instalado.
	Se decide instalar outras linguas, poderá cambiar a lingua
	predeterminada trala instalación.
      </para>
      <para>
	Se só vai usar unha lingua no seu sistema, seleccione soamente esa para
	aforrar espacio no disco. Esta é a configuración por defecto e a
	recomendada, usando a lingua escollida para a instalación. Sen
	embargo, se só selecciona unha lingua, será a única que poida usar
	no sistema &RHL; xa instalado.
      </para>
      <para>
      &RHL; pode tamén instalar e soportar varias linguas. Para usar máis
      dunha, escolla as que desexe instalar, ou seleccione todas para
      telas dispoñibles no sistema &RHL; instalado.
      </para>
      <para>
       Use o botón <guibutton>Restablecer</guibutton> para cancelar as
       escollas. Deste xeito voltará á selección por defecto coa lingua que
       escollera para a instalación.
      </para>

    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-kybd">
      <title>Configuración do Teclado</title> <!-- modified from drop one to
      remove the question and make it a command - first --> <!-- sentence only
      -->
      <para>
	Escolla o teclado que mellor sirva para o seu sistema.
      </para>
      <para>
	Se non pode atopar unha coincidencia exacta, escolla o máis próximo
	dos <guilabel>Xenéricos</guilabel> (por exemplo, Xenérico de 101
	teclas PC).
      </para>
      <para>
	Logo escolla o tipo do seu teclado (por exemplo, Inglés dos EUA).
      </para>
      <para>
	Para escribir caracteres especiais (como &Ntilde;, &Ocirc; e &Ccedil;),
	é necesario usar as "teclas de tiles" ou "dead keys" (tamén coñecidas
	como secuencias de composición de teclas). Se quere usar caracteres
	especiais que as requiran, seleccione <guilabel>Activar teclas de
	tiles</guilabel>. Se non, seleccione <guilabel>Desactivar teclas de
	tiles</guilabel>.
      </para>
      <para>
	Use o campo de texto baleiro na parte de embaixo da pantalla para
	probar a configuración do teclado.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-mouse">
      <title>Configuración do Rato</title>
      <!-- modified from drop 1 - first sentence only to remove the question and -->
      <!-- form a command -->
      <para>
       Escolla o tipo de rato correcto para o seu sistema.
      </para>
      <para>
	¿Ten un rato PS/2, Bus ou serie? (Consello: Se o conector é circular,
	ten un rato PS/2 ou Bus; se é rectangular, é un rato serie).
      </para>
      <para>
	Tente atopar unha coincidencia exacta na primeira caixa da dereita. Se
	non o atopa, escolla un que sexa compatible co seu. Se non, seleccione
	o tipo de rato <guilabel>Xenérico</guilabel> apropiado.
      </para>
      <para>
	Se ten un rato serie, seleccione na seguinte caixa o dispositivo e o
	porto no que está conectado.
      </para>
      <para>
	O Sistema X Window está deseñado para usar un rato con tres botóns. Se
	ten un de dous botóns, &RHL; pode emular o botón central.
      </para>
      <para>
	Se ten un rato de dous botóns, seleccione a opción <guilabel>Emular
	3 botóns</guilabel>. Trala instalación, poderá facer clic cos dous
	botóns ó mesmo tempo para que actúe como o botón central.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-wel">
      <title>Benvido a Red Hat Linux</title>
      <para>
	¡Benvido! Este proceso de instalación está descrito con detalle na
	<citetitle>&RHLIG;</citetitle> dispoñible en &RHI;. Lea o manual
	completamente antes de iniciar o proceso de instalación.
      </para>
      <para>
	Pode atopar copias HTML e PDF do manual en http://www.redhat.com.
	Tamén hai unha copia HTML nos CDs de &RHL;.
      </para>
      <para>
	<command>Característica:</command> &RHL; ten un modo de instalación
	coñecido como "partitionless" (sen particións). Se o seu sistema ten
	unha partición FAT (DOS/Windows) con espacio libre dabondo, pode
	instalar &RHL; sen reparticionar o disco duro. Esta opción é boa
	para a xente que quere probar &RHL; interferindo minimamente co
	sistema actual. Consulte a &RHLIG; para máis información.
      </para>
      <para>
	Se mercou a distribución oficial en caixa de &RHL;, lembre rexistrar
	o producto a través da páxina web (www.redhat.com/apps/activate/).
      </para>
      <para>
	Durante esta instalación, poderá usar o rato para escoller diferentes
	opcións. Pode tamén usar o teclado, empregando as teclas
	<keycap>Tab</keycap> e <keycap>Enter</keycap>.
      </para>
      <para>
	Use os botóns <guibutton>Seguinte</guibutton> e
	<guibutton>Anterior</guibutton> para desprazarse polas pantallas.
	Prema <guibutton>Seguinte</guibutton> para gardar a configuración e
	continuar coa seguinte pantalla; prema <guibutton>Anterior</guibutton>
	para voltar á pantalla anterior sen gardar a información.
      </para>
      <para>
	Para minimizar esta pantalla de axuda, prema o botón
	<guibutton>Agochar Axuda</guibutton>.
      </para>
      <para>
       As notas da versión de &RHL; &RHLVER; fornecen unha visión xeral das
       funcionalidades que non están dispoñibles na documentación. Para velas,
       prema o botón <guibutton>Notas da Versión</guibutton> e aparecerá unha
       nova pantalla. Prema <guibutton>Pechar</guibutton> para pechar as notas
       e voltar ó programa de instalación.
      </para>
      <para>
	Pode cancelar esta instalación en calquera instante ata chegar á
	pantalla <guimenu>Preparando a Instalación</guimenu>. Cando prema
	<guibutton>Seguinte</guibutton> nesa pantalla, comezará a instalación
	dos paquetes e os datos serán escritos no disco duro. Para cancelar
	antes desta pantalla, pode reiniciar con seguridade o sistema (use o
	botón <keycap>reiniciar</keycap>, ou
	<keycombo>
	  <keycap>Ctrl</keycap> <keycap>Alt</keycap> <keycap>Supr</keycap>
	</keycombo>).
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-welreconfig">
      <title>Benvido a Red Hat Linux</title>
      <para>
	Entrou no modo de reconfiguración, que lle permitirá configurar
	certas opcións específicas do seu ordenador.  Para saír sen
	facer modificacións, seleccione 'Non' e prema embaixo o botón
	<guibutton>Seguinte</guibutton>.
      </para>
      <para>
	Durante a configuración, poderá usar o rato para escoller diferentes
	opcións. Pode tamén usar o teclado, empregando as teclas
	<keycap>Tab</keycap> e <keycap>Enter</keycap>.
      </para>
      <para>
	Use os botóns <guibutton>Seguinte</guibutton> e
	<guibutton>Anterior</guibutton> para desprazarse polas pantallas.
	Prema <guibutton>Seguinte</guibutton> para gardar a configuración e
	continuar coa seguinte pantalla; prema <guibutton>Anterior</guibutton>
	para voltar á pantalla anterior sen gardar a información.
      </para>
      <para>
	Para minimizar esta pantalla de axuda, prema o botón
	<guibutton>Agochar Axuda</guibutton>.
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-instpath">
      <title>Opcións de Instalación</title>
      <!-- modified since drop 1; removing the note about Laptop/workstation -->
      <!-- partitioning similarities and adding a paragraph about workstation,
      and changed first sentend to be a command, not a question -->
     
      <para>
	Decida se quere realizar unha instalación completa ou unha
	actualización.
      </para>
      <para>
	Unha instalación completa destruirá toda a información gardada nas
	particións seleccionadas.
      </para>
      <para>
	Unha actualización preservará os datos do sistema &RHL;.
      </para>
      <para>
	Se quere realizar unha instalación completa, terá que escoller a clase
	(ou tipo) de instalación. As opcións son: Estación de traballo,
	Servidor, Portátil, ou Personalizada.
      </para>
      <para>
	Se non sabe que clase de instalación desexa, lea o seguinte
	coidadosamente.
      </para>
      <para>
	<command>Nota:</command> Ademais dos métodos de instalación
	mencionados embaixo, &RHL; tamén se pode instalar dentro dunha
	partición FAT (DOS/Windows) xa existente. Este método de
	instalación "partitionless" é seleccionado automaticamente ó
	etiquetar unha partición DOS como <command>/</command> na
	pantalla de particionamento do <application>Disk Druid</application>.
	Con este método queda desactivada a eliminación automática de
	particións nas instalacións da clase estación de traballo.
      </para>
      <para>
	As instalacións da clase Estación de Traballo instalan o Sistema
	X Window e o(s) xestor(es) de escritorio da súa escolla. <emphasis>Unha
	instalación desta clase elimina tódalas particións de Linux que
	existan nos discos duros (e usa o espacio baleiro sen
	particionar).</emphasis> As particións que non sexan de Linux
	ficarán intactas, e trala instalación poderá arrincar outros sistemas
	operativos instalados ademais de &RHL;.
      </para>
      <para>
	Se desexa que o sistema funcione como un servidor Linux, e non quere
	personalizar detalladamente a configuración do sistema, ou instalar
	X Window, o máis acaído é unha instalación de clase Servidor.
	<emphasis>Esta clase de instalación elimina TODAS as particións
	existentes en TODOS os discos duros instalados, polo que só debe
	escollela se non ten nada que queira gardar</emphasis> Isto inclúe
	TODAS as particións usadas por outros sistemas operativos.
	<emphasis>TODAS as unidades serán borradas -- ¡non estamos a
	brincar!</emphasis>
      </para>
      <para>
<!-- this is the new paragraph -->
	As instalacións de clase Portátil instalarán o Sistema X Window e
	o(s) xestor(es) de escritorio da súa escolla. Esta clase de instalación
	é moi similar á de estación de traballo, pero ten soporte adicional
	para PCMCIA. <emphasis>Unha instalación de clase Portátil elimina
	tódalas particións de Linux en tódolos discos duros instalados (e
	usa o espacio libre sen particionar).</emphasis> As particións que non
	sexan de Linux ficarán intactas, e trala instalación poderá arrincar
	outros sistemas operativos instalados ademais de &RHL;.
      </para>
      <para>
	Soamente a instalación personalizada lle dá flexibilidade completa.
	Durante unha instalación deste tipo, é <emphasis>vostede</emphasis>
	quen decide como particionar o espacio do disco.  Ten control completo
	sobre os paquetes que se van instalar no sistema.  Tamén pode decidir
	se quere usar o LILO para arrincalo. A menos que teña experiencia
	anterior en Linux, non debería seleccionar este método de instalación.
      </para>
      <para>
	Para máis información sobre as diferencias entre as instalacións de
	tipo estación de traballo, servidor, portátil e personalizada,
	consulte a &RHLIG;.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-upgrade">
      <title>Actualización do Sistema</title>
      <para>
	Tras escoller a actualización, pode tamén decidir se quere personalizar
	os paquetes.
      </para>
      <para>
	Se non desexa seleccionar paquetes adicionais para actualizar, prema
	<guibutton>Seguinte</guibutton> para continuar.
      </para>
      <para>
	Para personalizar os paquetes, seleccione <guilabel>Especificar os
	paquetes para actualizar</guilabel> e entón prema
	<guibutton>Seguinte</guibutton>.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-fdisk">
      <title>Uso do fdisk</title>
      <para>
	Seleccione a unidade que desexe particionar. Ó premer nunha unidade,
	aparecerá a pantalla de particionamento do
	<application>fdisk</application>. Pode usalo parar crear, eliminar ou
	modificar particións no disco duro seleccionado.
      </para>
      <para>
	Se decide que non quere usar o <application>fdisk</application>, volte
	á pantalla <guibutton>Anterior</guibutton>, deseleccione a opción
	<guimenuitem>Usar fdisk</guimenuitem>, e prema
	<guibutton>Seguinte</guibutton> para continuar.
      </para>
      <para>
	Cando teña particionada a unidade usando
	o <application>fdisk</application>, voltará a esta pantalla. Se ten
	algún outro disco duro que desexe particionar usando o
	<application>fdisk</application>, seleccióneo.  Se non, prema
	<guibutton>Seguinte</guibutton> para asociar os puntos de montaxe
	ás particións usando o <application>Disk Druid</application>.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-fdiskpart">
      <title>Particionamento co <application>fdisk</application></title>
      <para>
	Aquí pode particionar unha unidade co <application>fdisk</application>.
      </para>
      <para>
	Se necesita axuda, escriba <command>m</command> no prompt para
	obter unha lista dos comandos.
      </para>
      <para>
	Algúns comandos para empezar:
	<itemizedlist>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>n</command> -- Engade unha nova partición.
	    </para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>d</command> -- Elimina unha partición.
	    </para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>p</command> -- Mostra a táboa de particións.
	    </para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>l</command> -- Lista os tipos de partición coñecidos.
	    </para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>	      
	      <command>w</command> -- Escribe a táboa de particións no disco
	      e sae do <application>fdisk</application>.
	    </para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>q</command> -- Sae sen gardar as modificacións.
	    </para>
	  </listitem>
	</itemizedlist>
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-lba32warning">
      <title>Aviso da Partición de Arrinque</title>
      <!-- new since drop 1 -->
      <para>
Esta pantalla só aparece cando a partición de arrinque excede o límite do
cilindro 1023 durante o particionamento.
</para>
      <para>
O soporte LBA32 é novo en &RHL; &RHLVER;, e actualmente non tódalas placas base
que aseguran que o soportan funcionan correctamente.
</para>
      <para>
É moi recomendado que faga un disquete de arrinque se quere continuar. Se non,
pode que non lle sexa posible iniciar &RHL; ó rematar a instalación.
</para>
    </sect1>

      
    <sect1 id="s1-help-screens-wkst">
      <title>Particionamento Automático</title>
      <para>
	¿Está seguro?
      </para>
      <para>
	Vai perder datos se realiza esta instalación.
      </para>
      <para>
	Esta clase de instalación eliminará <emphasis>TODOS</emphasis> os datos
	en <emphasis>TODAS</emphasis> as particións de Linux existentes en
	<emphasis>TODAS</emphasis> as unidades de disco.
      </para>
      <para>
	Se quere preservar os datos das particións de Linux existentes,
	terá que particionar manualmente ou escoller unha instalación
	personalizada.
      </para>
      <para>
	Use o botón <guibutton>Anterior</guibutton> para seleccionar unha
	instalación personalizada, ou <guibutton>Seguinte</guibutton> se
	quere continuar coa instalación de tipo estación de traballo.
      </para>
      <para>
Se quere particionar manualmente, pode escoller a ferramenta de particionamento
<application>Disk Druid</application> ou <application>fdisk</application>
(só para expertos).
      </para>

    </sect1>
      
      <sect1 id="s1-help-screens-svr">
      <title>Particionamento Automático</title>
      <para>
	¿Está seguro?
      </para>
      <para>
	Vai perder datos se realiza esta instalación.
      </para>
      <para>
	Esta clase de instalación eliminará <emphasis>TODOS</emphasis> os datos
	en <emphasis>TODAS</emphasis> as particións de
	<emphasis>TODAS</emphasis> as unidades de disco.
      </para>
      <para>
	Se ten outro SO que quere manter, non escolla esta clase de
	instalación.
      </para>
      <para>
	Se quere preservar os datos ou outro SO, terá que particionar
	manualmente ou escoller unha instalación personalizada.
      </para>

      <para>
Se quere particionar manualmente, pode escoller a ferramenta de particionamento
<application>Disk Druid</application> ou <application>fdisk</application>
(só para expertos).
      </para>

      <para>
	Use o botón <guibutton>Anterior</guibutton> para seleccionar unha
	instalación personalizada, ou <guibutton>Seguinte</guibutton> se
	quere continuar coa instalación de tipo servidor.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-partition">
      <title>Particións</title>
      <!-- modified since drop one to remove the question -->      
      <para>
	Decida onde desexa instalar &RHL;.
      </para>
      <para>
	<command>Nota:</command> Se va realizar unha <command>Instalación
	sen Particións</command> (partitionless), terá que definir unha
	partición DOS/Windows como raíz, representada por unha
	<command>/</command>. Prema a partición FAT que queira usar para esta
	instalación, e logo utilice <guilabel>Editar</guilabel> para asociarlle
	o punto de montaxe <command>/</command> (root). Prema
	<guilabel>Aceptar</guilabel> cando remate. Ó confirmar esta escolla,
	terá que definir a cantidade apropiada para o sistema de ficheiros
	raíz e para o espacio de intercambio.
      </para>
      <para>
	Para instruccións máis detalladas, consulte o capítulo
	<emphasis>Instalación sen Particionar</emphasis> (Installing
	Without Partitioning) na <citetitle>&RHLIG;</citetitle>.
      </para>
      <para>
	Se non sabe como particionar o seu sistema, lea a sección sobre
	particionamento na <citetitle>&RHLIG;</citetitle> ou na
	<citetitle>&RHLRGS;</citetitle>.
      </para>
      <para>
	Se rematou o particionamento co <application>fdisk</application>, ten
	que definir os <firstterm>puntos de montaxe</firstterm> para as
	particións. Use o botón <guilabel>Editar</guilabel> tras seleccionar
	unha partición, para definir o seu punto de montaxe.
      </para>
      <para>
	Se está a usar o <application>Disk Druid</application>, terá que
	definir os puntos de montaxe para unha ou máis particións.  Tamén pode
	que teña que crear e/ou eliminar particións neste punto.
      </para>
      <para>
	A pantalla superior amosa as particións existentes. Cada unha delas
	ten cinco campos:
      </para>
      
      <itemizedlist>
	<listitem>
	  <para>
	    <command>Punto de Montaxe:</command> Este campo indica onde vai
	    estar montada a partición cando &RHL; estea instalado e
	    funcionando. Se algunha das particións está etiquetada como
	    "sen asociar", terá que definir o punto de montaxe. Pode usar
	    a tecla <keycap>Editar</keycap> ou facer dobre clic sobre a
	    partición.
	  </para>
	</listitem>
	
	<listitem>
	  <para>
	    <command>Dispositivo:</command> Este campo amosa o nome do
	    dispositivo da partición (por exemplo, hda2 representa a
	    segunda partición do disco duro primario).
	  </para>
	</listitem>
	
	<listitem>
	  <para>
	    <command>Solicitado:</command> O campo
	    <firstterm>Solicitado</firstterm> amosa canto espacio ten a
	    partición. Se quere redefinir o tamaño, terá que borrar a
	    partición e creala novamente usando o botón
	    <keycap>Engadir</keycap>.
	  </para>
	</listitem>
	
	<listitem>
	  <para>
	    <command>Real:</command> Este campo amosa canto espacio está
	    a usar a partición.
	  </para>
	</listitem>
	
	<listitem>
	  <para>
	    <command>Tipo:</command> Este campo amosa o tipo da partición
	    (como Nativa de Linux ou DOS).
	  </para>
	</listitem>
      </itemizedlist>
      
      <para>
	Mentres se despraza a través da sección de
	<firstterm>Particións</firstterm>, pode que vexa a mensaxe
	<firstterm>Partición Solicitada sen Asignar</firstterm> (en cor
	vermella), seguida de unha ou máis particións. Unha razón habitual
	para que unha partición estea sen asignar é que non teña espacio libre
	dabondo.
      </para>
      <para>
	Para arranxar unha partición solicitada sen asignar, terá que movela
	a outra unidade con espacio dispoñible, redimensionar a particion
	para encaixala na unidade actual, ou eliminala completamente.
	Faga as modificacións usando o botón <keycap>Editar</keycap> ou
	facendo dobre clic sobre a partición.
      </para>
	
      <sect2 id="s2-help-screens-dd">
	<title>Particionando o seu Sistema</title>
	<para>
	  A ringleira central de botóns controla as accións da ferramenta de
	  particionamento. Aquí pode engadir, editar e eliminar particións.
	  Ademais, hai botóns que pode usar para aceptar as modificacións
	  realizadas, ou restablecer e saír da ferramenta de particionamento.
	</para>
	
	<itemizedlist>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Engadir:</command> Use este botón para solicitar unha
	      nova partición.  Ó seleccionalo, aparecerá un diálogo cos
	      campos que hai que encher (como o punto de montaxe, o tamaño
	      e o tipo).
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Editar:</command> Use este botón para modificar o punto
	      de montaxe da partición seleccionada actualmente.
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Eliminar:</command> Use este botón para eliminar unha
	      partición. Aparecerá un diálogo para pedirlle que confirme a
	      eliminación.
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Restablecer:</command> Use este botón para cancelar
	      as modificacións realizadas.
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Crear Dispositivo RAID:</command> Use o botón
	      <keycap>Crear Dispositivo RAID</keycap> SOAMENTE se ten
	      experencia usando RAID. Para saber máis sobre isto, consulte
	      a <citetitle>&RHLRGS;</citetitle>.
	    </para>
	  </listitem>
	</itemizedlist>
      </sect2>
	
      <sect2 id="s2-help-screens-drive">
	<title>Resumes de Unidades</title>
	<para>
	  Esta sección amosa a configuración dos discos do seu ordenador,
	  dun xeito resumido. Cada liña contén os seguintes campos:
	</para>
	
	<itemizedlist>
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Unidade:</command> Este campo amosa o nome do
	      dispositivo do disco duro (como hda ou hdb).
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Xeom [C/H/S]:</command> A
	      <firstterm>xeometría</firstterm> do disco duro amosa o número
	      de cilindros, cabezas e sectores.
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Total:</command> Este campo amosa o espacio total
	      dispoñible no disco duro.
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Libre:</command> Aquí pode ver canto espacio hai aínda
	      dispoñible no disco duro.
	    </para>
	  </listitem>
	  
	  <listitem>
	    <para>
	      <command>Usado:</command> Estes campos amosan o espacio que hai
	      asignado a particións no disco duro, en megabytes e porcentaxe.
	    </para>
	  </listitem>
	</itemizedlist>
      </sect2>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-loopback">
      <title>Configuración do Sistema de Ficheiros</title>
      <para>
	Primeiro, escolla o tamaño do sistema de ficheiros raíz, se
	non quere o valor por omisión, que é a metade do espacio
	libre dispoñible.
      </para>
      <para>
	O espacio de intercambio é por defecto 32 megabytes, pero
	pode facelo meirande se for necesario.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-format">
      <title>Escolla as particións para formatar</title>
      <para>
	Escolla as particións que desexe formatar para &RHL;.
      </para>
      <para>
	¿Quere verificar os bloques erróneos?
      </para>
      <para>
	Esta verificación pode axudar a previr a perda de datos, atopando os
	bloques erróneos que haxa nunha unidade, e creando unha lista para
	evitar que se escriban datos neles.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-lilo">
      <title>Configuración do LILO</title> 
      <para>
	LILO, o LInux LOader, é un programa que se pode usar para iniciar
	&RHL; no seu ordenador. Tamén pode arrincar outros sistemas operativos,
	como Windows 9<replaceable>x</replaceable>. Aquí terá que decidir cómo
	quere (e se quere) configurar o LILO.
      </para>
      <para>
	<guibutton>Crear disquete de arrinque</guibutton>: Debería crear un
	disquete de arrinque se non vai instalar o LILO no MBR, ou se non o
	vai instalar.
      </para>
      <para>
	<guibutton>Non instalar o LILO</guibutton>: Pode optar por omitir a
	configuración do LILO se non o quere instalar no disco duro. Se ten
	dous discos duros con distintos sistemas operativos en cada un, pode
	que prefira usar un disquete de arrinque no canto do LILO.
      </para>
      <para>
	Para instalar o LILO, decida o lugar onde quere instalalo. Se o sistema
	vai usar unicamente &RHL;, debería escoller o Master Boot Record (MBR).
	Para os sistemas nos que convivan Win95/98 e &RHL; nun mesmo disco
	duro, debería tamén instalar o LILO no MBR.
      </para>
      <para>
	Se ten Windows NT (e quere instalar o LILO), debería instalalo
	no primeiro sector da partición de arrinque. Lembre tamén crear o
	disquete de arrinque, doutro xeito non poderá entrar en Linux.
      </para>
      <para>
	Se decide non instalar o LILO por <emphasis>calquera</emphasis> razón,
	faga un disquete de arrinque para poder iniciar &RHL;.
      </para>
      <para>
	Se o seu ordenador non accede ó disco duro en modo lineal, desmarque
	a opción <guibutton>Usar modo lineal</guibutton>.
      </para>
      <para>
	Se quere engadir opcións por defecto á liña de comandos do LILO,
	indíqueas no campo de parámetros do núcleo.  Tódalas opcións que
	introduza aquí serán pasadas ó núcleo de Linux cada vez que arrinque.
      </para>
      <para>
	<guilabel>Etiqueta de Arrinque</guilabel>: Tódalas particións
	arrincables están etiquetadas na lista <guilabel>Etiqueta de
	Arrinque</guilabel> na parte inferior da pantalla (incluíndo
	as particións usadas por outros sistemas operativos). Se quere
	engadir etiquetas para outras particións (ou mudar as existentes),
	prema unha vez na partición para seleccionala, e poderá mudar
	a etiqueta no campo de enriba.
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-silo">
      <title>Configuración do SILO</title>
      <para>
	SILO, o Sparc Improved LOader, é un programa que se pode usar
	para iniciar Red Hat Linux no seu ordenador. Tamén pode arrincar
	outros sistemas operativos, como SunOS e Solaris. Aquí terá que
	decidir cómo quere (e se quere) configurar o SILO.
      </para>
      <para>
	<guibutton>Crear disquete de arrinque</guibutton>: Debería crear
	un disquete de arrinque se non vai instalar o SILO ou se o quere
	por razóns de seguridade.  Se non ten disqueteira, esta opción
	estará agochada.  Se ten unha Ultra fabricada por SMCC, que
	normalmente non ten disqueteiras arrincables, esta opción estará
	desactivada por defecto.
      </para>
      <para>
	<guibutton>Non instalar o SILO</guibutton>: Pode optar por omitir
	a configuración do SILO se non o quere instalar no disco duro,
	por exemplo se xa o ten instalado noutra partición ou disco e
	quere arrincar dende aí.
      </para>
      <para>
	Para instalar o SILO, decida o lugar onde quere instalalo. Se
	o sistema vai usar unicamente Red Hat Linux, debería escoller
	probablemente o Master Boot Record (Bloque de Arrinque da
	primeira partición do disco). Para os sistemas nos que convivan
	SunOS/Solaris e Red Hat Linux nun mesmo disco duro, non deberá
	probablemente instalar o SILO no MBR, especialmente se
	SunOS/Solaris está na primeira partición do disco.
      </para>
      <para>
	Se decide non instalar o SILO por CALQUERA razón, faga un disquete
	de arrinque para poder iniciar Red Hat Linux.
      </para>
      <para>
	<guibutton>Crear alias na PROM</guibutton>: O programa de instalación
	pode crear un alias "linux" na PROM, se esta o soporta, de xeito que
	poida arrincar o SILO dende a liña de comandos da PROM usando "boot
	linux".
      </para>
      <para>
	<guibutton>Establecer o dispositivo de arrinque por
	defecto da PROM</guibutton>: O programa de instalación pode facer que
	a PROM arrinque por defecto o programa de instalación de Red Hat Linux
	mediante a opción da PROM "boot-device" ou "boot-from".
      </para>
      <para>
       Se quere engadir opcións por defecto á liña de comandos do SILO,
       indíqueas no campo de parámetros do núcleo.  Tódalas opcións que
       introduza aquí serán pasadas ó núcleo de Linux cada vez que arrinque.
      </para>
      <para>
       Partición Arrincable -- Tódalas particións arrincables están listadas e
       etiquetadas, incluíndo as particións usadas por outros sistemas
       operativos. Se quere engadir etiquetas para outras particións (ou mudar
       as existentes), prema unha vez na partición para seleccionala, e poderá
       mudar a etiqueta.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-netconf">
      <title>Configuración da Rede</title>
      <para>
	Escolla a súa tarxeta de rede e decida se quere configurala usando
	DHCP.  Se ten varios dispositivos Ethernet, cada un deles terá a
	súa propia pantalla de configuración, podendo cambiar entre elas (por
	exemplo eth0 e eth1); a información que indique será específica para
	cada pantalla. Se selecciona <guilabel>Activar ó arrincar</guilabel>,
	a tarxeta de rede será inicializada durante o arrinque.
      </para>
      <para>
	Se non ten acceso de cliente DHCP, ou non está seguro do que é isto,
	contacte co seu administrador de rede.
      </para>
      <para>
	Despois introduza, cando sexa necesario, o enderezo IP, a Máscara de
	rede, e os enderezos de Rede e de Broadcast. Se non está seguro destes
	datos, consulte ó seu administrador de rede.
      </para>
      <para>
	Indique un nome de máquina para o seu sistema. Se non o fai, este será
	coñecido como "localhost".
      </para>
      <para>
	Finalmente, introduza o enderezo da Pasarela, e os enderezos do DNS
	Primario, Secundario e Terciario.
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-securitylevel">
      <title>Configuración do Firewall</title>
      <!-- this is new since drop 1 -->
      <para>
&RHL; tamén ofrece protección por firewall para mellorar a seguridade do
sistema. Un firewall sitúase entre o ordenador e a rede, e determina a que
recursos poden acceder os usuarios remotos a través da rede. Un firewall
correctamente configurado pode mellorar moito a seguridade externa do
sistema.
</para>
      <para>
Escolla o nivel de seguridade apropiado para o seu sistema.
</para>

      <para>
<guibutton>Seguridade Alta</guibutton> &mdash;
Usando <guibutton>Seguridade Alta</guibutton>, o sistema non aceptará
ningunha conexión que non defina vostede explicitamente. Por defecto,
só se permiten as seguintes conexións:
<itemizedlist>
	  <listitem>
	    <para>Respostas de DNS</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>DHCP &mdash; de xeito que as interfaces de rede que usan
		  DHCP poidan ser configuradas correctamente.</para>
	  </listitem>
	</itemizedlist>
</para>
      <para>
Usando esta <guibutton>Seguridade Alta</guibutton>, non se permitirá o
seguinte:
<itemizedlist>
	  <listitem>
	    <para>Modo activo de FTP (O modo pasivo, usado por defecto
		  na maioría dos clientes, debería funcionar).</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>Transferencias de ficheiros por DCC no IRC</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>RealAudio(tm)</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>Clientes remotos do sistema X Window</para>
	  </listitem>
	</itemizedlist>
</para>
      <para>
Se vai conectar o sistema a Internet, pero non pensa ter un servidor, esta
é a opción máis segura. Se son necesarios servicios adicionais, pode
seleccionar <guibutton>Personalizar</guibutton> para permitir servicios
específicos a través do firewall.
</para>
   
      <para>
<guibutton>Seguridade Media</guibutton> &mdash; Seleccionando
<guibutton>Seguridade Media</guibutton>, fará que o seu sistema non teña
acceso a certos recursos. Por defecto, non se permiten os seguintes accesos:
<itemizedlist>
	  <listitem>
	    <para>
portos por debaixo de 1023 &mdash; estes son os portos reservados estándar,
usados pola maioría dos servicios do sistema, como
<application>FTP</application>, <application>SSH</application>,
<application>telnet</application>, e <application>HTTP</application>.</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>porto do servidor NFS (2049)</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>o xestor do sistema X Window para os clientes remotos</para>
	  </listitem>
	  <listitem>
	    <para>porto do servidor de fontes de X (isto está desactivado por
		  defecto no servidor de fontes.)</para>
	  </listitem>
	</itemizedlist></para>
      <para>
Se quere permitir recursos como <application>RealAudio(tm)</application>,
mantendo o bloqueo do acceso ós servicios normais do sistema, escolla
<guibutton>Seguridade Media</guibutton>. Pode utilizar
<guibutton>Personalizar</guibutton> para permitir servicios específicos
a través do firewall.
</para>

      <para>
<guibutton>Sen Firewall</guibutton> &mdash; Sen ningún firewall, permítese
  acceso completo e non se realiza ningunha comprobación de seguridade.
  Aconséllase seleccionar isto só se está nunha rede segura (non Internet),
  ou se vai facer máis tarde unha configuración detallada do firewall.
</para>

      
      <para>A menos que vaia personalizar o firewall, asegúrese de que
      está seleccionada a opción <guibutton>Usar as regras de firewall por
      omisión</guibutton>.</para>

      <para>Escolla <guibutton>Personalizar</guibutton> para engadir
      dispositivos seguros ou para permitir máis interfaces entrantes.
      </para>
      
      <para>
<guibutton>Dispositivos Seguros</guibutton> &mdash; Se activa isto para algún
dos seus dispositivos, fará que se permita todo o tráfico que entre por el.
Por exemplo, se ten nunha rede local, pero se conecta a Internet por medio
de PPP, podería indicar que <guilabel>eth0</guilabel> é seguro, para permitir
o tráfico que chegue da propia rede local.
</para>
	    <para>
Non se recomenda habilitar isto para dispositivos conectados a redes públicas,
como Internet.</para>

      <para>
<guibutton>Permitir acceso entrante</guibutton> &mdash; Activando estas
opcións permitirá que os servicios indicados pasen a través do firewall.
Advirta que, nunha instalación de estación de traballo, a maioría destes
servicios <emphasis>non</emphasis> están presentes no sistema.</para>

      <itemizedlist>
	<listitem>
	  <para>
<guibutton>DHCP</guibutton> &mdash;
Isto permite peticións e respostas DHCP, de xeito que as interfaces de rede que
usan DHCP poidan determinar o seu enderezo IP. DHCP está normalmente activado.
</para>
	</listitem>
	<listitem>
	  <para>
<guibutton>SSH</guibutton> &mdash; A Shell Segura
(<application>SSH</application>) é un protocolo para conectarse e executar
comandos en máquinas remotas, fornecendo unha comunicación segura cifrada.
Se vai acceder remotamente á súa máquina por medio de
<application>SSH</application> a través dunha interface con firewall,
habilite esta opción. Necesitará o paquete openssh-server instalado para
que esta opción sexa útil.
</para>
	</listitem>

	<listitem>
	  <para>
<guibutton>Telnet</guibutton> &mdash; <application>Telnet</application> é un
protocolo para conectarse a máquinas remotas. Non vai cifrado, e fornece unha
seguridade baixa perante ataques pola rede. Non se aconsella activar
<application>telnet</application>. Necesitará o paquete telnet-server
instalado para que esta opción sexa útil.
</para>
	</listitem>

	<listitem>
	  <para>
<guibutton>WWW (HTTP)</guibutton> &mdash; <application>HTTP</application> é o
protocolo usado polo <application>Apache</application> para servir páxinas
Web. Se vai pór o seu servidor Web dispoñible publicamente, active esta
opción. Non é necesaria para ver ou desenvolver páxinas localmente. Necesitará
o paquete <application>Apache</application> instalado para que esta opción
sexa útil.
</para>
	</listitem>
	<listitem>
	  <para>
<guibutton>Correo (SMTP)</guibutton> &mdash; Isto permite a entrega de correo
entrante por SMTP. Se necesita que outras máquinas se conecten directamente
á súa para entregar correo, active esta opción. Non é necesario para
recoller o correo do servidor POP3 ou IMAP do seu provedor de Internet, ou
se usa unha ferramenta como o <application>fetchmail</application>. Advirta
que un servidor SMTP incorrectamente configurado podería permitir que outras
máquinas remotas o usen para enviar spam.
</para>
	</listitem>

	<listitem>
	  <para>
<guibutton>FTP</guibutton> &mdash; <application>FTP</application> é un
protocolo usado para transferencia de ficheiros remotos. Se vai pór o seu
servidor <application>FTP</application> dispoñible publicamente, active
esta opción. Necesitará o paquete wu-ftpd (e posiblemente o anonftp)
instalado para que esta opción sexa útil.
</para>
	</listitem>
	<listitem>
	  <para>
<guibutton>Outros portos</guibutton> &mdash; Pode especificar outros portos
ademais dos listados aquí para permitir o acceso a través do firewall. O
formato é 'porto:protocolo'.  Por exemplo, se quere permitir acceso a IMAP
a través do firewall, pode indicar 'imap:tcp'. Tamén pode usar portos
numéricos explicitamente; para permitir paquetes UDP no porto 1234, indique
'1234:udp'.  Para definir varios portos, sepáreos por comas.
</para>
	</listitem>
      </itemizedlist>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-timezone">
      <title>Selección da Zona Horaria</title>
      <para>
	Pode configurar a zona horaria seleccionando a localización física
	do seu ordenador, ou o desprazamento respecto á Hora Universal
	Coordinada (tamén coñecida como UTC).
      </para>
      <para>
	Observe as dúas pestanas na parte superior da pantalla. A primeira
	permítelle a seleccion por lugar. Con esta opción, pode escoller a
	<guimenuitem>Vista</guimenuitem>, coas opcións: Mundo, América do
	Norte, América do Sur, Pacífico, Europa, África e Asia.
      </para>
      <para>
	No mapa interactivo, pode premer nunha cidade específica, das indicadas
	por puntos amarelos, e un <guilabel>X</guilabel> vermello aparecerá
	na que seleccione.
      </para>
      <para>
	Tamén pode percorrer a lista de cidades e escoller a zona horaria
	desexada.
      </para>
      <para>
	A segunda pestana permítelle usar un desprazamento respecto á
	Hora Universal Coordinada (UTC).  Aquí atopará unha lista de
	desprazamentos para escoller, así como unha opción para activar a
	Hora de Verán.
      </para>
      <para>
	Para ambas pestanas, existe a opción <guilabel>O reloxo do sistema
	ten a hora universal</guilabel>. (UTC, tamén coñecida como GMT, fará
	que o sistema manexe correctamente os horario de verán e inverno).
	Seleccione isto se o reloxo hardware do seu ordenador ten a hora
	universal (en vez da hora local).
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-accts">
      <title>Configuración das Contas</title>
      <para>
       <command>Nota:</command> Activar unha conta de root e o seu contrasinal
	é un dos pasos máis importantes durante a instalación. A conta de root
	permítelle instalar paquetes, actualizar RPMs, e realizar a maioría das
	tarefas de mantemento. Ó autenticarse como root, terá un control
	completo e moi potente sobre o seu sistema.
      </para>
      <para>
	Ten que asegurarse de que usa a conta de root só para tarefas de
	administración. Faga outra conta de usuario para o uso normal, e
	empregue o comando <command>su -</command> para obter acceso de root
	se ten que solucionar algo rapidamente. Estas regras básicas
	minimizarán as posibilidades de danar o sistema no caso de que
	escriba un comando equivocadamente.
      </para>
      <para>
	Introduza o contrasinal para a conta de root, cunha lonxitude mínima
	de 6 caracteres. Escríbao de novo no segundo campo de texto para
	confirmar. O botón <guibutton>Seguinte</guibutton> activarase só cando
	as dúas versións do contrasinal coincidan.
      </para>
      <para>
	Aconséllase usar un contrasinal que poida lembrar, pero que non sexa
	doado de adiviñar para outras persoas. Non debería anotar este nin
	calquera outro contrasinal que utilice.
      </para>
      <para>
	De seguido, cree unha conta de usuario.
      </para>
      <para>
	Indique o nome da conta de usuario. Logo, póñalle un contrasinal e
	confírmeo. Por último, introduza o nome completo do usuario e
	prema <guibutton>Engadir</guibutton>, para engadir a información da
	conta á lista de contas.
      </para>
      <para>
	Para engadir outro usuario, escolla <guibutton>Novo</guibutton> e
	encha a información nos campos baleiros.  Ó acabar de introducir os
	datos, use o botón <guibutton>Engadir</guibutton> para engadir o
	usuario á lista de contas.
      </para>
      <para>
	Tamén pode <guibutton>Editar</guibutton> as contas de usuario creadas,
	ou <guibutton>Eliminar</guibutton> as que xa non necesite,
	seleccionando unha conta e usando os botóns
	<guibutton>Editar</guibutton> ou <guibutton>Eliminar</guibutton>.
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-authconf">
      <title>Configuración da Autenticación</title>
      <para>
Pode omitir esta sección se non vai usar contrasinais de rede. Se non está
seguro, consulte co seu administrador de sistema.
</para>
      <para>
A menos que vaia configurar contrasinais <guilabel>NIS</guilabel>, verá
que as opcións <guilabel>MD5</guilabel> e <guilabel>shadow</guilabel> están
seleccionadas. Usándoas fará o sistema o máis seguro posible.
</para>

    <itemizedlist>
	
        <listitem>
          <para>
            <guilabel>Activar contrasinais MD5</guilabel> -- permite usar
	    contrasinais longos (ata 256 caracteres) en vez do estándar de
	    oito letras ou menos.
          </para>
        </listitem>

        <listitem>
          <para>
            <guilabel>Usar contrasinais shadow</guilabel> -- fornece un método
	    moi seguro para protexer os contrasinais.  En vez de gardarense no
	    ficheiro <filename>/etc/passwd</filename>, os contrasinais
	    almacénanse en <filename>/etc/shadow</filename>, ficheiro que só
	    pode ler o root.
          </para>
        </listitem>
	
        <listitem>
          <para>
            <guilabel>Activar NIS</guilabel> -- permítelle ter un grupo de
	    ordenadores no mesmo dominio de Servicio de Información de Rede,
	    usando ficheiros de contrasinais e grupos comúns. Hai dúas opcións
	    para escoller:
          </para>
	  <para>
            <emphasis>Nota:</emphasis> Para configurar o NIS, ten que estar
	    conectado a unha rede NIS. Se non está seguro disto, pregúntelle
	    ó seu administrador de sistema.
          </para>

          <itemizedlist>
            <listitem>
              <para>
                <guilabel>Dominio NIS</guilabel> -- esta opción permítelle
		especificar a que dominio ou grupo de ordenadores pertence
		o seu ordenador.
              </para>
            </listitem>
	    
            <listitem>
              <para>
                <guilabel>Servidor NIS</guilabel> -- esta opción fai que o
		seu ordenador use un servidor NIS específico, en vez de
		facer unha petición "broadcast" na rede de área local
		para buscar un servidor dispoñible.
              </para>
            </listitem>
          </itemizedlist>
        </listitem>

	<listitem>
          <para>
            <guilabel>Activar LDAP</guilabel> -- LDAP agrupa certos tipos
	    de información dentro da súa organización.  Por exemplo, tódalas
	    diferentes listas de usuarios pódense mesturar nun único
	    directorio LDAP. Para máis información sobre LDAP, consulte a
	    <citetitle>&RHLRGS;</citetitle>.  Hai tres opcións para escoller:
          </para>
	  
          <itemizedlist>
            <listitem>
              <para>
                <guilabel>Servidor LDAP</guilabel> -- esta opción permítelle
                acceder a un servidor que usa o protocolo LDAP.
              </para>
            </listitem>
	    
            <listitem>
              <para>
                <guilabel>DN Base de LDAP</guilabel> -- esta opción permítelle
                buscar información dun usuario polo seu <emphasis>Nome
                Distinguible</emphasis> (DN).
              </para>
            </listitem>
	    <listitem>
	      <para>
               <guilabel>Usar lookups TLS</guilabel> (<emphasis>Transport
               Layer Security</emphasis>, Seguridade na Capa de Transporte)
               -- esta opción permite que o LDAP envíe os nomes e contrasinais
               de usuario cifrados a un servidor LDAP antes da autenticación.
              </para>
	    </listitem>
          </itemizedlist>
	</listitem>

	<listitem>
          <para>
            <guilabel>Activar Kerberos</guilabel> -- Kerberos é un sistema
            seguro que fornece servicios de autenticación de rede. Para máis
            información sobre Kerberos, consulte a
            <citetitle>&RHLRGS;</citetitle>. Hai tres opcións para escoller:
          </para>
	  
          <itemizedlist>
            <listitem>
              <para>
                <guilabel>Realm</guilabel> -- esta opción permítelle acceder a
                 unha rede que usa Kerberos, formada por un ou uns poucos
                 servidores (tamén coñecidos como KDCs) e un (potencialmente
                 moi elevado) número de clientes.
              </para>
            </listitem>
	    
            <listitem>
              <para>
                <guilabel>KDC</guilabel> -- esta opción permítelle acceder ó
                <emphasis>Key Distribution Center</emphasis> (KDC - Centro de
                Distribución de Chaves), un servidor que emite tickets de
                Kerberos (ás veces chamado <emphasis>Ticket Granting
                Server</emphasis>, Servidor de Concesión de Tickets ou TGS).
              </para>
            </listitem>
	    <listitem>
              <para>
                <guilabel>Servidor de Admin</guilabel> -- esta opción
                permítelle acceder a un servidor que está a executar
                <application>kadmind</application>.
              </para>
            </listitem>

	  </itemizedlist>
	</listitem>
      </itemizedlist>
    </sect1>
    
    <sect1 id="s1-help-screens-sel-group">
      <title>Selección de Grupos de Paquetes</title>
      <para>
	Seleccione os grupos de paquetes que quere instalar. Para seleccionar
	un grupo de paquetes, prema no cadro ó seu carón.
      </para>
      
      <para>
	Para seleccionar paquetes individualmente, ten que marcar a opción
	<guilabel>Selección Individual de Paquetes</guilabel> na parte
	inferior da pantalla.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-sel-indiv">
      <title>Selección Individual de Paquetes</title>
      <!-- changed since drop 1 was "double-click the check box" now says "click on -->
      <!-- the check box" -->
      <para>
	Na esquerda da pantalla pode ver unha lista dos grupos de paquetes.
	Se expande esta lista e escolle un grupo, a lista de paquetes dese
	grupo aparecerá no panel da dereita.
      </para>
      <para>
       Para ordenar os paquetes por tamaño, prema a pestana <guilabel>Tamaño
       (MB)</guilabel>. Para ordenalos alfabeticamente, prema a pestana
       <guilabel>Paquete</guilabel>.
      </para>
      <para>
	Para seleccionar un paquete individual, prema no cadro ó carón do
	nome do paquete. Unha marca nese cadro significa que o paquete está
	seleccionado.
      </para>
      <para>
	Para máis información sobre un paquete específico, prema o seu nome.
	A información aparecerá na parte inferior da pantalla.
      </para>
      <para>Tamén pode seleccionar e deseleccionar tódolos paquetes listados
      nun grupo, premendo os botóns <guibutton>Seleccionar todo o
      grupo</guibutton> ou <guibutton>Deseleccionar todo o grupo</guibutton>.
      </para>      
    </sect1>
      
      <sect1 id="s1-help-screens-depend">
      <title>Dependencias non Resoltas</title>
      <para>
	Moitos paquetes de software dependen de outros paquetes ou bibliotecas
	para funcionaren correctamente. Para asegurar que o sistema ten tódolos
	paquetes necesarios, &RHL; comproba estas
	<firstterm>dependencias</firstterm> cada vez que instala ou elimina
	algún paquete. Se un paquete require outro que non está instalado,
	existe unha dependencia non resolta.
      </para>
      <para>
	Un ou máis paquetes que seleccionou teñen dependencias non resoltas.
	Pode resolvelas seleccionando <guilabel>Instalar paquetes para
	satisfacer as dependencias</guilabel>. Tamén pode decidir non
	instalar os paquetes listados con dependencias, ou ignoralas.
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-monitor">
      <title>Configuración das X</title>
      <para>
       O programa de instalación tentará agora detectar o seu monitor
       para determinar as mellores opcións de visualización para esta
       máquina. Se non é posible detectalo, escolla da lista de monitores
       o que mellor coincida co modelo que ten este ordenador.
      </para>
      <para>
	Tamén pode indicar os intervalos de sincronismo horizontal e
	vertical para o monitor.  Estes valores pódense atopar na
	documentación.  Teña coidado ó escribilos; se pon valores que
	superan a capacidade do equipo, pode causar danos ó monitor.
	Poña números nestes campos unicamente se os valores do manual non
	coinciden co monitor seleccionado na lista, e ten a certeza de
	que a documentación presenta os valores correctos.
      </para>
      <para>
       Se decide que os valores seleccionados son incorrectos, pode premer o
       botón <guibutton>Restaurar valores orixinais</guibutton> para voltar
       ás opcións detectadas que se suxiren.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-xconf">
      <title>Configuración das X</title>
      <para>
	Aínda que o programa de instalación tenta detectar o mellor controlador
	de tarxeta gráfica, pode escoller outro se é necesario.
      </para>
      <para>
	Tras seleccionar a tarxeta gráfica, escolla a cantidade de memoria de
	vídeo que dispón.
      </para>
      <para>
       Se decide que os valores seleccionados son incorrectos, pode premer o
       botón <guibutton>Restaurar valores orixinais</guibutton> para voltar
       ás opcións detectadas que se suxiren.
      </para>
      <para>
	Tamén pode decidir <guibutton>Omitir a Configuración das X</guibutton>
	se non quere configuralas ou quere facelo máis tarde.
    </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-xcustom">
      <title>
	Configuración Personalizada
      </title>
      <para>
	Escolla a profundidade de cor e a resolución para a configuración das X.
	Prema <guibutton>Probar Configuración</guibutton> para probar as
	opcións escollidas. Se non lle satisfai o resultado, prema
	<guibutton>Non</guibutton> durante a proba para escoller outra
	resolución.
      </para>
      <para>
	Se instalou GNOME e mais KDE, pode escoller cal deles quere que sexa
	o ambiente de escritorio por defecto. Doutro xeito, só se amosará
	GNOME ou KDE como o escritorio predeterminado.
      </para>
      <para>
	Tamén pode decidir se quere que o sistema &RHL; instalado se arrinque
	en modo texto ou nun ambiente gráfico. A menos que teña necesidades
	especiais, recoméndase usar o ambiente gráfico (similar a un ambiente
	Windows). Se decide arrincar en modo texto, presentaráselle unha
	liña de comandos (semellante a un ambiente DOS)
    </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-aboutinstall">
      <title> A piques de Instalar</title>
      <para>
	<command>Precaución:</command> No momento que prema o botón
	<guibutton>Seguinte</guibutton>, &RHL; empezará a escribirse
	no disco duro. Este proceso non se pode desfacer, polo que se
	decidiu non instalar &RHL;, este é o derradeiro punto en
	que pode abortar o proceso de instalación.
      </para>
      <para>
	Para abortar a instalación, retire o dispositivo con &RHL; e prema
	o botón de <command>Reiniciar</command> do seu ordenador, ou use
	<keycombo>
	  <keycap>Control-</keycap> <keycap>Alt-</keycap>
	  <keycap>Suprimir</keycap>
	</keycombo>
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-aboutupgrade">
      <title> A piques de Actualizar</title>
      <para>
	<command>Precaución:</command> No momento que prema o botón
	<guibutton>Seguinte</guibutton>, &RHL; empezará a escribirse
	no disco duro. Este proceso non se pode desfacer, polo que se
	decidiu non instalar &RHL;, este é o derradeiro punto en
	que pode abortar o proceso de instalación.
      </para>
      <para>
	Para abortar a actualización, retire o dispositivo con &RHL; e
	prema o botón de <command>Reiniciar</command> do seu ordenador, ou use
	<keycombo> <keycap>Control-</keycap> <keycap>Alt-</keycap>
	<keycap>Suprimir</keycap></keycombo>
      </para>
    </sect1>

    <sect1 id="s1-help-screens-installing">
      <title>Instalando os Paquetes</title>
      <para>
	Foi recollida toda a información necesaria para instalar &RHL; no
	seu sistema.  Levará un tempo instalar todo, dependendo do número
	de paquetes que se van instalar.
      </para>
    </sect1>
      
    <sect1 id="s1-help-screens-bootdisk">
      <title>Creación do Disquete de Arrinque</title>
      <para>
	Insira un disquete formatado baleiro na disqueteira, e prema
	<guibutton>Seguinte</guibutton> para continuar.
      </para>
      <para>
	<command>Nota:</command> Se decide realizar unha instalación
	'partitionless' (sen particións), deberá crear un disquete de
	arrinque. Sen este disquete, non poderá iniciar &RHL;. Polo tanto,
	se o perde ou estraga, tampouco lle será posible arrincar &RHL;.
      </para>
    </sect1>

  </chapter>
</book>












